Saltar a: Menu principal | Corpo | Menu lateral | Pe de paxina

Prensa
Slide 1 Slide 2 Slide 3 Slide 4 Slide 5 Slide 6 Slide 7 Slide 8 Slide 9 Slide 10 Slide 11 Slide 12 Slide 13 Slide 14 Slide 15 Slide 16 Slide 17 Slide 18 Slide 19 Slide 20 Slide 21 Slide 22 Slide 23

Galería multimedia

Calidad Turística
Revista
Logo A Curtidoria
Menus para grupos
Menus para grupos
Libro de vistas

Boletín de noticias

Rellene el siguiente formulario si desea recibir en su correo nuestro menú del día, información sobre jornadas gastronómicas, las últimas noticias y novedades...

Inicio » Prensa » Eventos » Detalles

Noticias

Distintivo "PescadeRías" para A Curtidoría restaurante

14/12/2011

Foto

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, presentou hoxe o acordo de adhesión de distintos establecementos de hostalería á campaña de promoción da marca PescadeRías
Restaurantes de referencia de toda Galicia ofrecerán nos seus menús produtos da marca PescadeRías grazas a unha iniciativa da Consellería do Mar

Preto de 40 establecementos, entre os que se atopan todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia, promoverán o consumo de produtos certificados con este selo
Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz
Segundo explicou a conselleira, os produtos certificados con este selo nos restaurantes teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade
PescadeRías tamén garante ao consumidor que foron pescados e vendidos en dentro das 24 últimas horas

Santiago, 14 de decembro de 2011.- A Consellería do Mar promocionará a marca PescadeRías en 36 establecementos da hostalería das catro provincias galegas, entre os que están todos os paradores da comunidade galega e oito dos establecementos que posúen as dez estrelas Michelín de Galicia. A conselleira, Rosa Quintana, presentou hoxe en Santiago esta iniciativa que se enmarca no convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Confederación de Empresarios de Hostalería de Galicia (CEHOSGA). Esta acción complementa á de difusión desta marca de calidade nos supermercados pertencentes aos grupos Gadisa, Vegalsa e Froiz.

A través da adscrición á marca PescadeRías, estes establecementos de referencia na hostalería de Galicia ofrecerán nas súas cartas de menú un produto diferenciado que acredite correctamente a súa orixe e calidade. Segundo explicou a conselleira, amosarán a calidade en dúas vías, xa que, por unha banda, os produtos certificados con este selo, teñen garantida a seguridade alimentaria e a trazabilidade, e pola outra, esta certificación garante que o produto consumido polo cliente foi pescado e vendido dentro das 24 últimas horas.

Rosa Quintana definiu PescadeRías como “sinal de diferenciación e identificación do sabor do mar de Galicia” e salientou que a partir de agora, os restaurantes únense aos outros usuarios da marca como as lonxas, os centros de expedición e depuración, as cetarias, os distribuidores e os transformadores, a través dos que se certifican un total de 97 especies de peixes, moluscos, cefalópodos, crustáceos ou algas. A conselleira valorou a importancia desta adhesión, xa que se suman sinerxías entre a restauración e a pesca e o marisqueo, difundindo así a valía de ambos sectores, que contan “con experiencia acumulada durante séculos”.

Ademais, Rosa Quintana engadiu que PescadeRías reforzará a súa imaxe nos restaurantes a través da presenza de material promocional, que consistirá en 4.000 folletos e 10.000 etiquetas identificativas para as cartas.

O selo PescadeRías e os restaurantes
O selo Pescaderías é unha marca de calidade creada e rexistrada pola Xunta que acredita que os produtos da pesca e do marisqueo están convenientemente identificados, teñen un alto nivel de frescura e se comercializan por empresas situadas en Galicia, que cumpren determinados requisitos de calidade, ademais dos esixidos pola lexislación no ámbito da seguridade alimentaria e do respecto do medio ambiente.

Para a promoción desta marca nos restaurantes, os establecementos deben cumprir unha serie de requisitos como identificar e destacar os pratos elaborados con produtos PescadeRías, garantir as condicións de hixiene e calidade do produto e dispór da información axeitada para garantir a trazabilidade de cada produto, como orixe, data de entrada, cantidade, lote e data de procesado. A certificación do restaurante terá unha validez de 3 anos e o seu custe neste ano é gratuíto, xa que se financia a través do convenio subscrito con CEHOSGA.

En canto ao produto certificado con este selo, cabe destacar que a cifra se incrementou significativamente, pasando de 600 toneladas certificadas no primeiro semestre do ano 2009 a máis de 1.500 toneladas no mesmo período de 2011.
 

Detalles

Fuente
Conga, 2-3 15704 Santiago de Compostela
Telf.: 981 55 43 42 / info@acurtidoria.com